jueves, 28 de febrero de 2013

ROSALÍA DE CASTRO E A MÚSICA!!!!!!

CANTAMOS TOCAMOS E XOGAMOS CON ESTE POEMA DE ROSALIA DE CASTRO

Eu vin estar o moucho
 enriba daquel penedo
Non che teño medo moucho,
 moucho non che teño.....
RO-SA-LI-A DE CAS-TROOOOO!!!
(AULA DE MÚSICA SAN TOMÉ)


Para saber máis pincha AQUÍ!!!

"RAPEAMOS CON ROSALIA"

 «Has de cantar, que che hei de dar zonchos;
has de cantar, que che hei de dar moitos.

  «Has de cantar, meniña gaiteira,
 has de cantar, que me morro de pena.

 Canta, meniña, na veira da fonte;
 canta, dareiche boliños do pote. 

Canta, meniña, con brando compás,
 dareiche unha proia da pedra do lar. 

Papiñas con leite tamén che darei;
 sopiñas con viño, torrexas con mel.

 Patacas asadas con sal e vinagre,
que saben a noces, ¡que ricas que saben!

 ¡Que feira, rapaza, si cantas faremos...!
Festiña por fóra, festiña por dentro.

 Canta si queres, rapaza do demo;
canta si queres, dareiche un mantelo.

 Canta si queres, na lengua que eu falo;
dareiche un mantelo, dareiche un refaixo.

 Co son da gaitiña, co son da pandeira,
 che pido que cantes, rapaza morena.

 Co son da gaitiña, co son do tambor,
che pido que cantes, meniña, por Dios.»


PARA SABER MÁIS DE ROSALIA DE CASTRO PINCHA NA IMAXE