miércoles, 2 de marzo de 2016

"RODARIRRODARI" Os nenos de 1º e 2º de primaria disfrutaron dunha actuación de música-teatro. Fantoches de BAJ!!!

Rodarirrodari, é un espectáculo musical con acompañamento teatral, no que empregamos a tradición dos contos de Gianni Rodari e tamén os monicreques, ofrecendo un espectáculo multidisciplinar cheo de ritmo e moito CHU CU RRU CHÚ!.... O tema do espectáculo da xogo para introducir cancións tradicionais como a do Trole, nas que os músicos irán acompañando cos seus instrumentos ao narrador Inacio Vilariño que xogará coas onomatopeas producidas polo funcionamento das máquinas, ao mesmo tempo que se acompañan coa melodía producida maquinalmente por unha caixa de música. Un espectáculo sorprendentemente rítmico.... CHU CU RRU CHÚ..... Elenco artístico Inacio Vilariño: Voz Benxamín Otero: Óboe Félix Rodríguez: Batería Carlos Quitá: Acordeón diatónico